miércoles, 14 de abril de 2010

II Serán de Boborás

II Serán de Boborás, o sábado 1 de Maio a partires das 20.00 horas no colexio de Boborás.
Esperámosvos alí cos vosos instrumentos, pero sobre todo con moitas ganas de bailar, cantar e pasalo ben!

martes, 13 de abril de 2010

Serandeiros máis que nunca

Levamos xa uns mesiños tomándonos moi a peito a nosa condición de Serandeiros. A verdade, este ano enganchamos nunha chea de seráns. Dende a Ruada Benéfica de Soutelo de Montes até o Serán de Angudes, pasando polo Serán de Toutón.
Pero aínda temos ganas de máis e o sábado 24 de Abril pasarémonos polo Serán Benéfico de Ribadavia.

Aproveito pra invitarvos ao II Seran de Boborás que xa estamos organizando e que será o sábado 1 de Maio no colexio de Boborás a partir das 20.00 horas.

*Déixovos un intento de artistada fotográfica (quedou só nun intento hehe). En fin, trátase dos nosos gaiteiros afinando diante da igrexiña de Angudes, moi feita por certo.